enfermo -ma
enfermo -ma
(< lat infirmu)
-
adx
Que non ten saúde ou que padece unha enfermidade. Na tradición oral recóllense ditos como: “Cando ver un enfermo moitos médicos van, alporízase o sancristán, porque é sinal de din! dan! Non lle vai mal ao enfermo o caldo de galiña ou de pucheiro.”
Ex: O seu pai está moi enfermo por mor do cancro que padece.
Sinónimos: doente. -
s
Persoa que padece algunha enfermidade.
Ex: O enfermo da habitación número sete ten febre moi alta.
Sinónimos: doente.