engordar
(< gordo)
-
v t
Dar moita comida a un animal destinado á produción de carne co fin de que críe máis graxa e carne.
Ex: Todos os anos engordan un porco para a matanza.
Sinónimos: cebar. -
v t
Facer que alguén aumente de peso.
Ex: Como moito chocolate porque é o único que me engorda un pouco. OBS: Nalgunhas construcións omítese o complemento e adquire valor absoluto. Ex: Non tomes tanta cervexa que din que engorda.
Antónimos: adelgazar. -
v t
Facer que algo se volva máis denso.
Ex: Engordou os callos cun pouco de fariña.
Confrontacións: espesar. -
v t
Prosperar economicamente grazas a outros.
Ex: Os beneficios da empresa engordan só algúns petos.
-
v i
Pórse gordo ou máis gordo. Na tradición oral recóllense ditos como: “Pan alleo pouco engorda. Quen non engorda comendo menos engorda lambendo. O que non mata engorda. Se queres cedo engordar, come con fame e bebe de vagar. O ollo do amo engorda o cabalo. Quen vello engorda, dúas mocidades logra”.
Ex: Está moito máis xeitosiña desde que engordou.
Antónimos: adelgazar.
Refráns
- Ca que eu coma ninguén engorda.
- Cando na casa engorda a moza, mal anda a causa.
- Cando o vello incha, lago na cava rincha.
- Cando o vello incha, sinal de que lago rincha.
- Comín fariña por engordar e saíume por cea e por xantar.
- Engordar, para morrer.
- Máis vale onza de sangue que libra de carne.
- O bo pasar fai o home engordar.
- O home que comeza a ¡nchar, se é vello, é para morrer; se é mozo, é para sanar.
- O que come pala man doutro, coma o que coma, engorda pouco.
- O que me sabe engórdame.
- O que.de vello engorda dúas mocidades ten.
- O vello que engorda, dúas mocedades logra.
- Ó vello que incha e ao mozo que mirra quédalle pouca vida.
- O vello que incha na cava rincha.
- Quen de vello engorda dúas mocedades disfruta.
- Quen non engorda comendo, menos lambendo.
- Quen vello engorda, dúas mocidades logra/contao
- Se queres cedo engordar, come con fame e bebe de vagar.
- Se queres engordar, come con fame e bebe de vagar.
- Se queres ter o teu home gordiño, enriba do caldo dálle un traguiño de viño.
- Vello que incha logo rincha.
Palabras veciñas
Engonópulos, Nikos | engonzar | engorda | engordar | 1 engorde | 2 engorde | engoumado -daIndicativo
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles engordo
engordas
engorda
engordamos
engordades
engordan
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles engordaba
engordabas
engordaba
engordabamos
engordabades
engordaban
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles engordei
engordaches
engordou
engordamos
engordastes
engordaron
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles engordara
engordaras
engordara
engordaramos
engordarades
engordaran
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles engordarei
engordarás
engordará
engordaremos
engordaredes
engordarán
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles engordaría
engordarías
engordaría
engordariamos
engordariades
engordarían
Subxuntivo
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles engorde
engordes
engorde
engordemos
engordedes
engorden
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles engordase
engordases
engordase
engordasemos
engordasedes
engordasen
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles engordar
engordares
engordar
engordarmos
engordardes
engordaren
Imperativo
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles -
engorda
-
-
engordade
-
Formas nominais
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles engordar
engordares
engordar
engordarmos
engordardes
engordaren
engordada
engordados
engordadas