cebar

cebar

(< lat cibāre)

  1. v t

    Alimentar un animal para que aumente de peso e se aproveite a súa carne. Na tradición oral recóllense ditos como: “Ceba ben o porco dende o mes de agosto, se queres ter bo entrecosto”.

    Ex: En pouco tempo cebou o porco que comprou na feira.

    Sinónimos: engordar.
  2. v t

    Poñer unha máquina, aparato ou mecanismo en condicións para empezar a funcionar.

    Ex: Cebou o motor para que lle arrancase o coche.

  3. v t

    Poñer o cebo necesario nunha arma ou calquera outro artefacto para inflamar a carga explosiva.

  4. v pron

    Facer algo con intensidade.

    Ex: Mentres estaba recluído cebouse na lectura de novelas de cabalerías. Cébase a comer chocolate e logo dóelle a barriga.

  5. v pron

    Asañarse con algo ou con alguén. OBS: Utilízase seguido da preposición en.

    Ex: Os cans de caza cebáronse no pobre cervo. O infortunio cebouse nel.

Conxugar
VERBO cebar
Forma verbal: Infinitivo

Indicativo

Presente Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
cebo
cebas
ceba
cebamos
cebades
ceban
Pretérito imperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
cebaba
cebabas
cebaba
cebabamos
cebabades
cebaban
Pretérito perfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
cebei
cebaches
cebou
cebamos
cebastes
cebaron
Pretérito pluscuamperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
cebara
cebaras
cebara
cebaramos
cebarades
cebaran
Futuro Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
cebarei
cebarás
cebará
cebaremos
cebaredes
cebarán
Condicional Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
cebaría
cebarías
cebaría
cebariamos
cebariades
cebarían

Subxuntivo

Presente Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
cebe
cebes
cebe
cebemos
cebedes
ceben
Imperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
cebase
cebases
cebase
cebasemos
cebasedes
cebasen
Futuro Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
cebar
cebares
cebar
cebarmos
cebardes
cebaren

Imperativo

Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
-
ceba
-
-
cebade
-

Formas nominais

Infinitivo conxugado Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
cebar
cebares
cebar
cebarmos
cebardes
cebaren
Xerundio cebando
Participio cebado
cebada
cebados
cebadas