cebiche*
cebiche*
s
m
[ALIM]
Peixe, adoita ser corvina, cortado en dados e macerado nun mollo que, polo xeral, se fai con zume de limón, chile, cebola, sal e coandro. Tamén se poden elaborar cebiches con outros tipos de peixes e mesmo con mariscos, como o camarón. É un prato típico da cociña peruana e popular en varios países latinoamericanos.