cebo

cebo

(

  1. s m

    Alimento utilizado para o engorde do gando.

    Ex: Hai que recoller o cebo do gando antes de que empece a chover.

  2. s m

    Porción de alimento que se lles ofrece aos animais e peixes para capturalos.

    Ex: A pesca do bonito con cebo vivo está aprobada pola Unión Europea.

    Sinónimos: carnada, carnaza.
  3. s m
    1. Pequena cantidade de explosivo que se sitúa no sistema de disparo de certas armas e que serve para iniciar a detonación. Ao explotar produce unha forte elevación da temperatura e unha onda de choque que provoca a explosión do explosivo máis estable. Os produtos empregados usualmente como cebos son o fulminante de mercurio e, sobre todo, a acida de chumbo. Ás veces, incorpórase un reforzante ou multiplicador, xeralmente de tetralita.

    2. Dispositivo que contén unha pequena cantidade dun explosivo primario, moi sensible, que vai provisto dunha mecha (cebo pirotécnico), dunha resistencia eléctrica ou duns electrodos (cebo eléctrico) que producen a explosión. Os cebos clasifícanse nunha escala numérica segundo o peso do explosivo que conteñan.

  4. s m

    Cantidade de líquido necesario para producir o cebado dunha bomba.

  5. s m

    Engado atractivo que se emprega para atraer a atención de alguén sobre algunha cousa ou para inducilo a facer algo.

    Ex: A cea só foi un cebo para coñecer as contas da empresa. A boa oferta da axencia de viaxes é un cebo para que os clientes viaxen.

Refráns

  • Ceba ben o porco dende o mes de agosto, se queres ter bo entrecosto.
  • Co engado cóllense os peixes e engánanse os parvos.
  • Se queres que te siga o can, dálle pan.