cebola
(
-
s
f
[PLANTA]
Herba que presenta un bulbo grande, de forma ovoide, redondo ou deprimido segundo as variedades. Ten follas cilíndricas e talo de ata 120 cm de altura que leva no ápice unha umbela globulosa de flores brancas con longos pedicelos. Cando se corta o bulbo, que contén frutosanos, algo de sacarosa e flavonoides, desprende un aceite volátil sulfurado (disulfuro de alilpropilo) que provoca a produción de lágrimas por irritación da conxuntiva. Orixinaria de Asia Central, os caldeos xa a coñecían cara ao 2000 a C. Entre as principais variedades destacan: a cebola branca, de orixe africana e da que existen variedades suaves e picantes, pode ser arredondada ou alongada; a cebola vermella, alongada e doce, tómase xeralmente crúa; a ceboliña francesa, dourada, pequena e esmagada, utilízase en gornicións; e a cebola de verdeo ou ceboliña.
-
s
f
[BOT]
Bulbo comestible da planta do mesmo nome. O bulbo, ingrediente habitual da dieta mediterránea, emprégase na composición de moitos pratos. Utilízase como condimento e gornición en distintas preparacións (asados, guisos, coccións, frituras, etc), embutidos, ensaladas ou sopas. Se se consome crúa, ten propiedades antisépticas, diuréticas e hipoglucemiantes. Desde 1983, celébrase en Sanxenxo cada 4 de setembro a Feira-Festa da Cebola. Na tradición oral recóllense ditos como: “O que de noite come cebola, pola mañán arrota. Pobre da cebola que vai pra tixola”.
-
s
f
-
Obxecto de forma ou estrutura semellante a unha cebola.
Ex: Trouxen unhas cebolas de xacinto para plantar.
-
Roda pequena dalgúns reloxos que serve para dar corda e axustar a hora.
-
[HERÁLD]
Nos escudos heráldicos represéntase coa cabeza redonda, tallada e con raíces.
-
-
cebola azucena/cebola de San Antonio
[PLANTA]
Planta medicinal da horta que serve de antídoto contra o veleno e que rebenta tumores.
-
cebola das gaivotas/cebola do mar
[PLANTA]
Herbácea que presenta un bulbo de gran tamaño, con follas de ata 50 cm de longo e 2 cm de ancho. As flores son tubulares de seis pétalos brancos cunha coroa central de doce dentes e seis estames. Está presente nas praias de toda Galicia. Os bulbos empregáronse na medicina popular como vomitivos.
-
cebola de Ascalón
[PLANTA]
Herba perenne, de follas finas e alongadas, cun talo de 30 a 50 cm de lonxitude, con flores moradas en umbela e varios bulbos agrupados. O exterior presenta unha cuberta vermella. Orixinaria de Asia, emprégase como condimento e como base de diversas salsas brancas, especialmente aptas para asados e adecuada na preparación de guisos. Tamén se coñece como chalote ou escalonia.
-
cebola do monte
[BOT]
Cebola pequena que aínda non chegou ao pleno desenvolvemento.
Sinónimos: ceboliño, cebolo. -
cebola macho
[BOT]
Cebola cos bulbos moi pequenos.
Frases feitas
-
Estar de cebola. Estar sen traballo ou sen clientes un negocio.
Refráns
- Dixo a cebola con soma: Pola santa Mariña déixame a porretiña.