cebo
(
-
s
m
Alimento utilizado para o engorde do gando.
Ex: Hai que recoller o cebo do gando antes de que empece a chover.
-
s
m
Porción de alimento que se lles ofrece aos animais e peixes para capturalos.
Ex: A pesca do bonito con cebo vivo está aprobada pola Unión Europea.
Sinónimos: carnada, carnaza. -
s
m
-
Pequena cantidade de explosivo que se sitúa no sistema de disparo de certas armas e que serve para iniciar a detonación. Ao explotar produce unha forte elevación da temperatura e unha onda de choque que provoca a explosión do explosivo máis estable. Os produtos empregados usualmente como cebos son o fulminante de mercurio e, sobre todo, a acida de chumbo. Ás veces, incorpórase un reforzante ou multiplicador, xeralmente de tetralita.
-
Dispositivo que contén unha pequena cantidade dun explosivo primario, moi sensible, que vai provisto dunha mecha (cebo pirotécnico), dunha resistencia eléctrica ou duns electrodos (cebo eléctrico) que producen a explosión. Os cebos clasifícanse nunha escala numérica segundo o peso do explosivo que conteñan.
-
-
s
m
Cantidade de líquido necesario para producir o cebado dunha bomba.
-
s
m
Engado atractivo que se emprega para atraer a atención de alguén sobre algunha cousa ou para inducilo a facer algo.
Ex: A cea só foi un cebo para coñecer as contas da empresa. A boa oferta da axencia de viaxes é un cebo para que os clientes viaxen.
Refráns
- Ceba ben o porco dende o mes de agosto, se queres ter bo entrecosto.
- Co engado cóllense os peixes e engánanse os parvos.
- Se queres que te siga o can, dálle pan.