enquisa

enquisa

(< fr enquête)

  1. s f

    Sistema de recollida de datos que se basea na observación ou realización de cuestionarios ou nunha mostra representativa do grupo obxecto de estudio.

  2. s f [SOCIOL]

    Conxunto de operacións encamiñadas a recoller información sobre un fenómeno ou  aspecto social determinado. Constitúe un método de investigación que se efectúa a través de diferentes instrumentos, dos que o máis común é o interrogatorio dunha mostra estatisticamente representativa da poboación mediante un cuestionario.

    Confrontacións: sondaxe.
  3. enquisa biolóxica [BIOL]

    Enumeración completa dunha poboación nun certo momento, que contén algunhas características ben definidas dos individuos que a integran.