sondaxe

sondaxe

(< sondar)

  1. s f

    Acción e efecto de sondar.

  2. s f

    Método para explorar de maneira local e metódica un medio ou materia cun aparato apropiado.

  3. [MED]
    1. s f

      cateterismo.

    2. sondaxe gástrica/biliar

      Introdución dunha sonda no estómago, a través do nariz, para evacuar o líquido gástrico e facer o estudo bioquímico, para facer un lavado gástrico ou para evacuar o estómago en caso de paresia gástrica postoperatoria.

    3. sondaxe vesical

      cateterismo vesical.

  4. sondaxe de opinión [SOCIOL]

    Método para saber a opinión pública sobre un tema determinado. Definido por George Horace Gallup en EE UU, baséase nas respostas dunha mostra da poboación a determinadas cuestións, cuxo conxunto constitúe a opinión sobre o tema.

Palabras veciñas

sondábel | sondable | sondar | sondaxe | Sonderbund | Sønderjylland | Sondika