Sonderbund

Sonderbund

Alianza establecida en 1845 en Suíza, entre os cantóns católicos e conservadores, Uri, Schwyz, rexión de Unterwalden, Lucerna, Zug, Friburgo e Valais, fronte ao movemento radical dos cantóns protestantes. A dieta, con maioría radical, disolveu (1847) o Sonderbund, pero os cantóns católicos non se someteron. O enfrontamento armado fíxose inevitable. Coa caída de Friburgo, Zug e Lucerna, capitulou definitivamente. A vitoria dos liberais deu paso á primeira constitución federal de Suíza (1848).

Palabras veciñas

sondable | sondar | sondaxe | Sonderbund | Sønderjylland | Sondika | Sondrio