enrique

enrique

(

s m [NUMIS]

Moeda de ouro utilizada durante o reinado de Enrique IV de Castela (1454-1474). Coñeceuse tamén cos nomes de enrique nuevo, enrique toledano e silla. Pesaba 4,55 g e tiña unha lei de 233/4 quilates. Substituíu a dobra como unidade áurea. No anverso aparece o monarca sentado no seu trono mentres que o reverso é cruzado.