Enrique de Aragón

Enrique de Aragón

Infante de Aragón, conde de Alburquerque, fillo de Fernando I de Aragón e de Leonor de Castela. Dirixiu o grupo aragonés no Reino de Castela e fíxose co goberno do reino despois de capturar o Rei Xoán II en Tordesillas (1420). Nese ano casou coa irmá do rei, Catarina de Castela, pero en decembro perdeu o poder e permaneceu en prisión entre 1422 e 1425. En alianza co seu irmán Xoán (futuro Xoán II de Aragón), derrotou o privado Álvaro de Luna (1426). Perdeu as súas propiedades pola súa participación na guerra entre Castela e a Coroa de Aragón e marchou a Italia, onde combateu xunto a Afonso V de Aragón (1435). Á súa volta a Castela asinou, xunto cos seus irmáns, o Acordo de Castronuño (1439), sen embargo, o enfrontamento continuou: derrotaron a Álvaro de Luna (1441) e capturaron o rei. Casou en segundas nupcias con Beatriz Pimentel (1444) e morreu, trala Batalla de Olmedo, na loita contra a coalición do monarca e Álvaro de Luna. Jorge Manrique inmortalizouno nas súas Coplas a la muerte de su padre.

Cronología

  • Nacemento

    Lugar : Castela

  • Deceso

    Lugar : Calatayud