Enrique II de Castela o Fratricida, o Bastardo ou o das Mercedes

Enrique II de Castela o Fratricida, o Bastardo ou o das Mercedes

Rei de Castela e León (1369-1379), conde de Trastámara, fillo ilexítimo de Afonso XI e de Leonor de Guzmán, primeiro monarca da casa de Trastámara. Encabezou unha rebelión nobiliaria contra o seu irmán Pedro I (1352) e, apoiado economicamente por Aragón, Francia e o papa, contratou as Compañías Brancas de Bertrand du Guesclin. Penetrou en Castela e proclamouse rei en Calahorra (1366), pero Pedro I conseguiu a axuda dos ingleses e a loita dinástica converteuse nun episodio da Guerra dos Cen Anos. Derrotou a Pedro I en Montiel (1369), mais a loita contra os seus partidarios prolongouse en Galicia ata 1387, polos apoios locais, entre outros, do arcebispo Xoán García Manrique e de Pedro Fernández de Castro, e os estranxeiros de   Fernando I de Portugal e o duque de Lancaster. As recompensas que outorgou aos seus partidarios permitiron o enriquecimiento de, entre outras familias, os Mendoza, Velasco e Manrique, e o ascenso social do grupo dos cabaleiros, representados en Galicia por Fernán Pérez de Andrade, Xoan Rodríguez de Biedma, Alvar Pérez Osorio, García Rodríguez de Valcárcel e Xoán Pérez de Noboa. A súa política interna consolidou a monarquía e creou a Audiencia. Reforzou os seus vínculos internacionais en forma de acordos con Granada e Fez (1370), con Portugal e Navarra (1373) e con Aragón e Bruxas (1375), e sentou as bases da hexemonía castelá na Península Ibérica. Na Guerra dos Cen Anos loitou a carón de Francia e derrotou a flota británica en La Rochelle (1372).

Cronología

  • Nacemento

    Lugar : Sevilla

  • Deceso

    Lugar : Santo Domingo de la Calzada