Enrique II de Francia
Rei de Francia (1547-1559), fillo de Francisco I. Antes do seu ascenso ao trono foi refén de Carlos V entre 1526 e 1530, segundo o cumprimento do Tratado de Madrid. Aliouse co Imperio Turco e cos príncipes protestantes alemáns para romper coa hexemonía dos Habsburgo en Europa. Polo Tratado de Chambord, recuperou para Francia Metz, Toul e Verdun (1552), pero a súa derrota en Renty, fronte aos exércitos imperiais, levouno a asinar a Tregua de Vaucelles (1556). Os seus intereses en Italia levárono a romper esta tregua e recuperar Calais no 1558. Derrotado na Batalla de Saint-Quentin (1557), asinou a Paz de Cateau-Cambrésis en 1559 con Filipe II. Nos editos de Châteaubriant (1551) e Ecouen (1559) favoreceu os católicos e perseguiu os hugonotes. Impulsou en Francia o renacemento artístico e literario.
Cronología
-
Nacemento
Lugar : Saint -
Deceso
Lugar : Laye, Île de France -
Deceso
Lugar : París