Enrique III de Francia
Rei de Francia (1574-1589), derradeiro monarca da dinastía Valois, fillo de Enrique II e de Catarina de Medici. Elixido rei de Polonia en 1573, regresou a Francia trala morte do seu irmán Carlos IX (1574), a quen sucedeu. No Edito de Beaulieu (1576) concedeulles aos hugonotes a liberdade de culto, mais o nomeamento de Enrique III de Navarra como herdeiro ao trono francés en 1584 significou o retorno ao enfrontamento e o desencadeamento da Guerra dos Tres Enriques (1585-1589), ao non recoñecer os católicos o herdeiro e buscar Enrique de Guise, o seu dirixente, o apoio de Filipe II. Durante o enfrontamento, mandou asasinar a Enrique de Guise (1588) e aliouse con Enrique III de Navarra para asediar París, defendida polos católicos e españois, pero morreu asasinado. Introduciu unha nova moeda (1577) e unha serie de ordenanzas que regularon a administración (1579).
Cronología
-
Deceso
Lugar : Saint -
Nacemento
Lugar : Fontainebleau -
Deceso
Lugar : Cloud