Enrique de Portugal o Navegante

Enrique de Portugal o Navegante

Infante de Portugal, fillo de Xoán I e de Filipa de Lancaster. Organizou a flota que tomou Ceuta (1415) e, ao regresar a Portugal, foi nomeado cabaleiro, duque de Viseu e señor de Covilhã. Elixido rexedor e administrador da Ordem de Cristo (1416), dirixiu e organizou a expansión portuguesa polo Atlántico e as costas africanas. As súas flotas chegaron ao arquipélago de Madeira (1419-1420), aos Açores (1427?), ao cabo Bojador (1434), ao Río de Oro (1436), ao golfo de Arguim (1443), ao río Senegal (1445) e ao arquipélago de Cabo Verde (1457-1460). Promoveu a colonización das Ilhas dos Açores e Madeira. Preocupouse tamén pola introdución de melloras na agricultura nas terras da Ordem de Cristo en Tomar, e reorganizou os estudios da Universidade de Lisboa (1431 e 1440), onde introduciu, entre outras disciplinas, as matemáticas e a astronomía.

Cronología

  • Nacemento

    Lugar : Porto

  • Deceso

    Lugar : Sagres