Enríquez Reyes, Lázaro
Deseñador gráfico, ilustrador e calígrafo. Licenciouse en Xornalismo na Universidad de La Habana (1977). Como ilustrador realizou traballos en Cuba, Xapón, Catalunya e Galicia. Entre eles cómpre destacar Carta de la Selva (1989), Dicionario dos Seres Míticos Galegos (1999), Lapadoiras, Sacaúntos e Cocón (1999), Contos colorados: narracións eróticas da tradición oral (2001) e Velaí vai o verme (2002). Das súas exposicións individuais destacan 45 Caligrafías (Santiago de Cuba, 1988), Los Peces Escritos (Vigo, 1993) e Textos galegos, caligrafías (Vigo, 1995). Recibiu, entre outros galardóns, o primeiro premio Logotipo V CLAE (Santiago de Chile, 1972), o primeiro premio do Salón Nacional de Gráfica DOR (1984), o Premio La Rosa Blanca de ilustración de libros infantís UNEAC (1990) e o premio especial do xurado e mención da Bienal da Ilustración Infantil TIBI (Irán, 1993).
Cronología
-
Nacemento
Lugar : La Habana