ensamblador -ra

ensamblador -ra

(< ensamblar)

  1. adx e s

    Que ou quen ensambla.

  2. s m [ARTESAN]

    Persoa especializada no deseño, na traza e na execución da parte estrutural dos retablos. Pertenceu ao gremio dos carpinteiros e dende o s XVI á corporación dos entalladores. Diferenciábase destes na formación que adquiría con coñecementos de deseño arquitectónico. Executaba e trazaba as arquitecturas efémeras e as representacións teatrais. Nalgúns documentos denomínanse arquitectos.

  3. s m [INFORM]

    Programa que ensambla programas ou partes de programas. Normalmente, tamén traduce a linguaxe da máquina e pode detectar e diagnosticar certos erros sintácticos. Ás veces vai incorporado nun compilador.

Palabras veciñas

ensalmo | ensalmoirar | ensamblado -da | ensamblador -ra | ensambladura | ensamblar | ensamblaxe