ensamblador -ra
ensamblador -ra
(< ensamblar)
-
adx e s
Que ou quen ensambla.
-
s
m
[ARTESAN]
Persoa especializada no deseño, na traza e na execución da parte estrutural dos retablos. Pertenceu ao gremio dos carpinteiros e dende o s XVI á corporación dos entalladores. Diferenciábase destes na formación que adquiría con coñecementos de deseño arquitectónico. Executaba e trazaba as arquitecturas efémeras e as representacións teatrais. Nalgúns documentos denomínanse arquitectos.
-
s
m
[INFORM]
Programa que ensambla programas ou partes de programas. Normalmente, tamén traduce a linguaxe da máquina e pode detectar e diagnosticar certos erros sintácticos. Ás veces vai incorporado nun compilador.