ensambladura

ensambladura

(

  1. s f

    Acción e efecto de ensamblar.

    Sinónimos: ensamblaxe.
    1. s f [ARTESAN]

      Unión de dúas pezas, especialmente de madeira, por medio de entrantes e saíntes de xeito que queden encaixados e formen un nó.

      Sinónimos: ensamblaxe.
    2. ensambladura a caixa e espiga

      Unión de dous madeiros mediante o rebaixe feito no extremo dun deles que se encaixa na entalladura do outro.

    3. ensambladura a cepo

      Unión de dous madeiros con rañuras mediante pasadores que se fixan un con outros.

    4. ensambladura a cola de miñato

      Unión de dous madeiros que consiste nunha espiga en forma trapezoidal.

    5. ensambladura a media madeira

      Unión de dous madeiros nos que se realizou un rebaixe igual á metade do seu grosor e dunha anchura similar á do madeiro contrario.

    6. ensambladura a rañura e lingüeta

      Unión de dous madeiros polos seus cantos de modo que a lingüeta dun encaixe na rañura do outro.

    7. ensambladura cadrada

      Unión de dous madeiros á escuadro, xa sexa a caixa e espiga, xa a media madeira.

    8. ensambladura de barbela

      Unión de dous madeiros mediante un corte oblicuo que se fai na cara dun deles que encaixa no extremo do outro. Emprégase para unir o tirante co par nunha armadura.

    9. ensambladura de dente

      Unión de dous madeiros por medio de entrantes e saíntes dispostos en serie e que encaixan uns noutros.

Palabras veciñas

ensalmoirar | ensamblado -da | ensamblador -ra | ensambladura | ensamblar | ensamblaxe | ensanchador -ra