Ensinger Einsingen
Ensinger Einsingen
Familia de canteiros alemáns orixinarios de Einsingen. Ulrich von Ensinger (?-Estrasburgo 1419) mestre de obras da catedral de Ulm dende 1392, rematou o coro, comezou a nave e proxectou a torre. Entre 1394 e 1395 traballou na catedral de Milán, pero retornou a Ulm polas desavinzas que mantivo co duque de Milán. Na catedral de Estrasburgo realizou a torre norte. O seu fillo Matthäus von Ensinger (?-1463). Traballou en Estrasburgo e dende 1420 foi mestre de obras en Berna, onde traballou na catedral nova, e da catedral de Ulm dende 1446. Os seus fillos Vincenz von Ensinger (1422?-1493?) e Moritz von Ensinger (1430?-1482?) traballaron na construción de diversas igrexas en Suíza e Alemaña.