Ensino, O

Ensino, O

Publicación aparecida en Ourense en novembro de 1980 subtitulada “Revista galega de socio-pedagoxía e sociolingüística”. Tivo unha periodicidade bimestral e logo pasou a ser anual. Editada por Promocións Culturais Galegas e promovida pola Asociación Sócio-Pedagóxica Galega (AS-PG), incluíu información relacionada coa pedagoxía, a didáctica, a psicoloxía, a historia e a sociolingüística de Galicia. Crítica coas administracións públicas, tentaba ofrecer estudios e artigos de investigación de interese para os membros da comunidade educativa. A partir do nº 7 (1984) deixou de existir como publicación da AS-PG, aínda que continuou varios anos como revista publicada pola Associaçom Sócio-Pedagógica Galaico-Portuguesa (AS-PGP), unha escisión/derivación da AS-PG.