entendemento
entendemento
(< entender)
-
s
m
Acción e efecto de entender ou entenderse.
Ex: O entendemento entre os meus fillos é nulo.
-
s
m
Bo xuízo e sentido común para obrar e xulgar de maneira correcta.
Ex: Cómpre ter entendemento para tratar este asunto.
Sinónimos: razón. -
s
m
[FILOS]
Facultade dos seres humanos que permite pensar, comprender e razoar. Na filosofía medieval era a facultade da función intelectual. No empirismo relacionouse coa intuición e limitouse ao terreo da pura percepción. Para E. Kant estrutura os contidos da experiencia e contraponse á razón, e para G. W. F. Hegel é o pensamento finito limitado pola contradición.