Entrambasaguas
Entrambasaguas
Municipio da Comunidad Autónoma de Cantabria, no val do río Miera (2.483 h [1996]). Os seus principais recursos económicos son a agricultura e a gandería, que abastecen as industrias alimentarias locais. Do seu patrimonio cultural destacan os palacios de Pezuelas, Hoyas, Las Arenas, Viar e o dos Fernández de Velasco, declarado Ben de Interese Cultural en 1985, a igrexa parroquial do s XVII e a capela do Elechino do s XVI.