Entregas de Comunicación Cultural

Entregas de Comunicación Cultural
[PUBLIC]

Revista cultural en galego aparecida en Santiago de Compostela a partir do 27 de marzo de 1984. Cesou a súa edición en 1986 e tirou do prelo 22 exemplares, xunto cun especial dedicado a Carlos Velo. Editada pola Dirección Xeral de Cultura da Xunta de Galicia, dirixiuna Luís Álvarez Pousa. Composta por números monográficos, atendeu temas como as artes plásticas, o teatro, o cine, a fotografía e as bibliotecas.

Palabras veciñas

entrega | entregado -da | entregar | Entregas de Comunicación Cultural | Entregas de poesía | entrego -ga | entregue