Entregas de poesía

Entregas de poesía
[PUBLIC]

Revista poética mensual publicada en Barcelona por Juan Ramón Masoliver, Fernando Gutiérrez e Diego Navarro. Incluíu todas as tendencias da poesía da posguerra dos anos 1944 a 1947. Colaboraron autores como Dionisio Ridruejo, Victoriano Crémer, Joaquín de Entrambasaguas, Leopoldo de Luis, José García Nieto, Vicente Aleixandre, Carmen Conde, César González Ruano ou Juan Eduardo Cirlot. Tirou do prelo 24 números.