Entremés, El
Entremés, El
Publicación aparecida en Ferrol a partir do 2 de febreiro de 1866. Subtitulouse “Revista festiva de El Eco Ferrolano”. Inicialmente tiña unha periodicidade mensual e co tempo pasou a ser quincenal. Imprimiuse nos obradoiros tipográficos de Francisco Suárez e García. Trátase dunha publicación de carácter satírico que elaboraron os mesmos redactores de El Eco Ferrolano.