entusiasmo

entusiasmo

(

  1. s m

    Sentimento de exaltación e grande admiración por algo ou por alguén.

    Ex: Sempre tivo un grande entusiasmo por ese escritor.

    Confrontacións: afervoamento.
  2. s m

    Sentimento de emoción, interese ou adhesión a unha causa ou empresa.

    Ex: O entusiasmo co que constituíu a empresa axudoulle a acadar o éxito. Todo o fai con moito entusiasmo.

    Confrontacións: afervoamento, ledicia.
  3. s m [FILOS]

    Exaltación baixo a inspiración divina, segundo a filosofía platónica.