Entusiasta, El
Entusiasta, El
Publicación aparecida en Santiago de Compostela en 1893. Subtitulouse “Avisador quincenal del Magisterio Primario y órgano de la Asociación de Maestros de este distrito universitario”. Dirixida por Manuel Caamaño Paz, imprimiuse nos obradoiros tipográficos de Xosé María Paredes. Incluíu información sobre oposicións ao corpo de mestres, referencias ás novas leis educativas e aos acontecementos políticos na universidade, así como noticias de ciencia e arte.