Entwistle, William James

Entwistle, William James

Filólogo. Especializado na lírica trobadoresca europea, diplomouse na Universidade de Aberdeen (1916) e, despois de combater na Primeira Guerra Mundial, continuou os seus estudios na Universidad de Madrid (1920-1921). Comezou a súa carreira docente na Universidade de Manchester (1921-1925), e logo exerceu como profesor de castelán nas universidades de Glasgow e Oxford. Entre as súas obras destacan: The Arthurian Legend and the Literatures of the Spanish Peninsula (1925), The Spanish Language, together with Portuguese, Catalan and Basque (1936), unha ampla análise sobre as linguas hispánicas desde o período prerromano, e European Balladry (1939), estudo sobre a poesía popular trobadoresca do Reino Unido e da Europa continental. Entre os manuais de pedagoxía destacan Spain, a Companion to Spanish Studies (1929) e Handbook to the Study and Teaching of Spanish (1938). Ademais escribiu Cervantes (1940), The Literature of England, A.D. 500-1492 (1943), en colaboración con Eric Gillett, e Russian and the Slavonic Languages (1949). Entre os artigos que publicou relacionados coa lírica medieval galego-portuguesa, cómpre salientar: “A originalidade dos trovadores portugueses” (1946), texto en que estudia a estrutura paralelística, característica da poesía cortesá do s XIII, e “Dos cossantes às cantigas de amor” (1947), sobre as relacións de xénero nas cantigas de amor.

Cronología

  • Nacemento

  • Deceso

    Lugar : Oxford