envellecemento

envellecemento

(

  1. s m

    Acción e efecto de envellecer.

    Sinónimos: avellentamento. Antónimos: rexuvenecemento.
  2. s m [DEMOG]

    avellentamento.

  3. s m [ALIM]

    Proceso no decurso do que se desenvolve o buqué e o aroma axeitado dun viño, e ten a súa causa, fundamentalmente, nas diferentes reaccións de oxidación e de formación de ésteres. Polo que respecta ás fariñas, o envellecemento fai referencia ao proceso que se deriva do seu almacenamento durante unhas cantas semanas, tempo que mellora a súa capacidade de panificación, o que tamén se pode conseguir mediante certos aditivos chamados mellorantes das fariñas.

  4. s m [IND]

    Proceso térmico de precipitación dun dos compoñentes dunha solución sólida, que se presenta nas aliaxes metálicas lixeiras cando a solubilidade varía coa temperatura, e que produce un aumento da dureza e da resistencia mecánica. O precipitado aparece en forma de partículas finamente divididas e distribuídas de maneira uniforme no seo do metal disolvente. O envellecemento pode ser natural, a temperatura ambiente, ou ben artificial, provocado por un arrefriamento rápido dunha solución sobresaturada. Aplícase sobre todo ás aliaxes de aluminio e aos aceiros doces e extradoces.

  5. s m [IND]

    ariación das características dun material debida á acción de axentes externos aos que se somete, como a luz do sol, a choiva, os esforzos mecánicos ou a oxidación polo osíxeno do aire.

Palabras veciñas

envear | envelenamento | envelenar | envellecemento | envellecer | Enver Paxá | enverado*