Enver Paxá
Xeneral e político turco. Membro do movemento dos Mozos Turcos (1908-1909), trala destitución do sultán foi enviado como secretario militar á embaixada en Berlín (1909-1911). Á volta distinguiuse na campaña de Libia, na Guerra Turco-Italiana (1911-1912) e nas Guerras Balcánicas (1912-1913). Tralo fracaso turco na Guerra dos Balcáns, protagonizou un golpe de estado (1913) xunto con Tal’at Pacha e Jaamal Pacha. Ministro da Guerra no novo goberno, fixo entrar a Turquía na Primeira Guerra Mundial xunto ás potencias do Eixe (1914). Durante o conflito masacrou e deportou os armenios (1915) e tentou fomentar a unidade entre os pobos islámicos, inspirándose nos principios panturanios. Trala derrota turca na Primeira Guerra Mundial, loitou pola unificación nun grande estado dos pobos de cultura turca de Asia Central. Foi derrotado polas tropas comunistas.
Cronología
-
Nacemento
Lugar : Apana, Constantinopla -
Deceso
Lugar : Bukhara, Turkestán