enxordecemento

enxordecemento

(< enxordecer)

  1. s m

    Acción de enxordecer.

  2. s m [LING]

      Proceso no que se produce a perda de sonoridade dunha consoante por encontrarse en posición final ou por influencia doutra consoante veciña. Este fenómeno pode corresponder a un cambio histórico ou a unha alternancia sincrónica, debida a variacións combinatorias. Para o primeiro caso pódese mencionar, por exemplo, o enxordecemento dos fonemas sibilantes medievais sonoros do galego (/ʃ/, /Z/ > /ʃ/; /s/, /z/ > /s/; / / , /ż/ > / / ); e para o segundo, o enxordecemento que se adoita facer en posición implosiva do b, en palabras como absurdo ou absoluto.

Palabras veciñas

enxoito -ta | enxordar | enxordecedor -ra | enxordecemento | enxordecer | enxoval | enxugadoiro