enxoval
enxoval
(<ár šuwār ‘dote de casamento’)
-
s
m
Conxunto de mobles, alfaias, roupa ou outras cousas, que achegan os noivos cando casan.
Ex: Leva anos preparando o enxoval para cando case.
-
s
m
Conxunto de mobles, roupa e outras cousas que son de uso corrente nunha casa.
Ex: Necesita mercar unhas toallas correntes para o enxoval diario.
-
s
m
Conxunto de roupas e outras cousas necesarias para un neno que acaba de nacer.
Ex: Xa ten o enxoval preparado para cando naza o fillo.
-
enxoval funerario
[ARQUEOL]
Conxunto de obxectos, tanto útiles como votivos, que aparecen xunto ao defunto. No eido da arqueoloxía, constitúe unha fonte para o estudo socioeconómico dunha sociedade. En Galicia destacan os megalíticos e os da época tardorromana.