Enzensberger, Hans Magnus

Enzensberger, Hans Magnus

Escritor e filósofo alemán. Estudiou literatura e filosofía e doutourouse cunha tese sobre C. Brentano. Membro do Grupo 47, viviu en Noruega, Italia, EE UU e Cuba. A súa obra inclúe poesía, ensaio, pensamento filosófico e científico, drama, reportaxe, reflexión política e narración. Colaborador do xornal El País, percorreu España durante tres meses e publicou as súas reportaxes en Cristales rotos de España (1985). Asesor da editorial Suhrkamp de Frankfurt dende 1960, a partir de 1965 editou a revista Kursbuch. Entre as súas obras destacan: Detalles (1969), Política e delito (1968), O afundimento do Titanic (1984), Europa, Europa! (1989), Perspectivas da guerra civil (1994), O diabo dos números: un libro para todos aqueles que temen as matemáticas (1997), Onde estiveches, Robert? (1999) e Diálogos entre inmortais, mortos e vivos (2001). Recibiu, entre outros, o Premio Büchner (1963), o Premio Grinzane Editorial (2001) e o Premio Príncipe de Asturias de Comunicación y Humanidades (2002).

Cronología

  • Nacemento

    Lugar : Kaufbeuren, Allgäu