Eo, El

Eo, El

Publicación aparecida en Ribadeo a partir do 4 de xuño de 1879. Cesou a súa edición o 28 de decembro de 1880 (nº 167). Subtitulouse “Periódico bisemanal. De intereses generales, noticias y anuncios”. Fundado por Antonio Fernández Caro, na súa dirección traballaron Andrés de la Cavallería, José María Páez Cancio e o propio fundador. Tiña unha tiraxe de 300 exemplares. Os seus contidos reflectían nun principio certa influencia masónica, logo pasou a ser republicano e, finalmente, incluíu sobre todo noticias locais. No seu último número anuncia que cambia a súa cabeceira pola de Las Riberas del Eo.