Eolia

Eolia

Antiga rexión grega situada na costa do NO de Asia Menor, entre Troade e Xonia, que foi poboada dende Tesalia cara ao s XII a C. Os seus habitantes dedicábanse á agricultura. As súas cidades máis importantes foron Cimé, Larisa, Tenos, Mirina, Mitilente, Metimma (Lesbos), Pítane e Esmirna. Sometida sucesivamente polos lidios e os persas, integrouse no Reino de Pérgamo e foi anexionada polo Imperio Romano (133 a C).

Palabras veciñas

èódzkie | Eoghain | EOKA | Eolia | Eolias, Illas | eólico -ca | eolífono