Epaminondas

Epaminondas

Xeneral e maxistrado grego. Educouse na escola pitagórica. No 379 participou na expulsión dos espartanos da cidadela de Tebas xunto con Pelópidas e derrotaron os espartanos en Leutra (371), mediante o emprego da orde de batalla oblicua. Consolidou a hexemonía de Tebas sobre Esparta na Beocia e invadiu o Peloponeso, onde liberou Mesenia, Arcadia e Argos do dominio espartano. Organizou unha liga de cidades dependentes de Tebas, coas que controlou a Grecia Central. Deixou o mando das accións militares durante algún tempo polas acusacións dos seus inimigos, pero retomou a dirección do exército e marchou ao Peloponeso e destruíu Laconia. Estableceu unha alianza co rei de Persia e creou unha poderosa flota, coa que sublevou as cidades da Segunda Liga Ateniense contra Atenas. Derrotou os atenienses e os espartanos en Mantinea.

Cronología

  • Deceso

    Lugar : Mantinea

  • Nacemento

    Lugar : Tebas