Ephestia

Ephestia
[ANIMAL/ENTOM]

Xénero de insectos, da orde dos lepidópteros, integrado por unhas 35 especies de dimensións moi pequenas, con alas anteriores moi estreitas e antenas moi finas. As eirugas aliméntanse de materiais vexetais secos ou animais en descomposición. A especie E. elutella, duns 16-18 mm de envergadura e cor gris, aparece no verán no interior das casas, e a súa eiruga ataca o pan, as froitas secas e tamén o papel.

Palabras veciñas

epentético -ca | epeséxese | Ephedra | Ephestia | Ephippiorhynchus | Éphrussi, Boris | epi-