epiceno -na

epiceno -na

(< lat epicoenu < gr ἐπίκοινος‘común’)

  1. adx

    Que é común aos dous sexos.

  2. adx [LING]

    Aplícase ao substantivo animado que, cun só xénero gramatical, designa indiferentemente os dous individuos, masculino e feminino, dunha mesma especie, sen distinguilos lingüisticamente (a víctima, a criatura, o reiseñor, a cobra). Se cómpre particularizar o sexo, recórrese aos termos macho e femia (o sapoconcho macho - o sapoconcho femia).

Palabras veciñas

epicardio | Epicarmo | epicarpo | epiceno -na | epicéntrico -ca | epicentro | epicíclico -ca