Epicteto

Epicteto

Filósofo estoico grego. Como escravo asistiu ás clases de Mucinio Rufo e expulsado de Roma polo Emperador Domiciano no ano 90, asentouse en Epiro. Transformou o estoicismo nunha doutrina moral que lle dita ao home regras prácticas de conduta, sen pretender a súa fundamentación teórica. A súa teoría dividiuse en física, lóxica e ética, aínda que a ética foi a área máis desenvolvida. Preconizou a liberdade interior e afirmou que o único xeito de consecución da felicidade era a través da confianza absoluta na providencia de orixe divina. O seu ideal era vivir conforme á natureza, polo que afirmou que aquel que fose impasible sería feliz, todopoderoso e perfecto. A súas teorías recolleunas o seu discípulo e historiador, Lucio Flavio Arriano, nos Discursos de Epicteto e no Encheiridion.

Cronología

  • Nacemento

    Lugar : Hierápolis, Frixia