epídoto

epídoto

(< fr épidote)

s m [MINERAL]

Silicato de calcio, aluminio e ferro, de fórmula Ca2(Al,Fe)3Si3O12(OH). Cristaliza no sistema monoclínico con cristais alongados e tamén en masas, fibras ou gránulos. A súa dureza é 7 e o seu peso específico 3,3-3,6. A súa cor pode ser verde amarelada, marrón ou negra. O epídoto e a clinozoisita constitúen unha mesma especie, o límite de separación entre eles fixouse na porcentaxe do contido de ferro; ata un 10% é clinozoisita e máis do 10% é epídoto.

Palabras veciñas

epidérmico -ca | epidermólise | epidídimo | epídoto | epidural | Epifanía | Epifanio