epidural

epidural

(< ingl epidural)

  1. adx [ANAT]

    Aplícase ao espazo que está situado entre a duramáter espiñal e a parede da canle vertebral, dende o orificio occipital ata o extremo inferior da canle sacra.

    Sinónimos: extradural.
  2. inxección epidural [MED]

    Substancia medicamentosa ou anestésica que se introduce no espazo epidural da rexión sacra. Realízase na administración de fármacos en certos tratamentos analxésicos e, sobre todo, na asistencia obstétrica no momento do parto.