epígono

epígono

(

  1. s m

    Persoa que segue as pegadas ou ensinanzas doutra, dun grupo, estilo, ou escola, sobre todo na arte, filosofía ou ciencia.

  2. s m [MIT]

    Nome dado aos descendentes directos dos Sete Xefes da mitoloxía grega. Dez anos despois da fracasada campaña que estes levaran a cabo contra Tebas, os epígonos emprenderon unha nova expedición para vingar a caída de seus pais. Consultado o oráculo, tomaron a Alcmeón como xefe e ocuparon a cidade. Trala vitoria, consagraron a maior parte do botín a Apolo de Delfos e puxeron no trono a Tersandro.

Palabras veciñas

epigastrio | epiglote | epiglótico -ca | epígono | Epígonos | Epigonus | epígrafe