epígrafe
(< gr ἐπιγραϕή ‘inscrición’)
-
s
m
Cita ou texto breve que resume o contido dunha obra literaria, científica ou dun artigo periodístico. Pode aparecer na cabeceira da obra ou ao comezo dos capítulos.
Confrontacións: encabezamento, título. -
s
m
Palabra ou frase que serve como encabezamento nunha clasificación ou catalogación.
-
s
m
[EPIG]
Inscrición gravada ou pintada, realizada sobre algún material duro, normalmente pedra ou metal, para lembrar un personaxe destacado, un suceso, unha efeméride ou tamén unha dedicación ou voto de tipo relixioso ou funerario. Entre os exemplos máis destacados da Antigüidade destacan o código Hammurabi, a pedra Rosetta -que permitiu descifrar a escritura xeroglífica-, e a Res gestae Divi Augusti, testamento político do Emperador Octavio Augusto. Na Península Ibérica destacan os bronces de Botorrita e de Vipasca, e en Galicia, as téseras do Courel e de Castromao.