epigrama
epigrama
(< lat epigramma < gr ἐπίγραμμα)
-
s
m
[LIT]
Composición poética breve de ton satírico e contido moral, social ou político. O dístico foi o metro máis utilizado. Calímaco foi o cultivador máis importante da lírica grega e Varrón e Marcial da latina. No Renacemento acadou moita importancia e considerouse o antecedente da sátira conceptista barroca; posteriormente, cultivárono Alfieri, Goethe, Góngora, Quevedo, Verlaine e Voltaire.
-
s
m
Expresión breve e enxeñosa de carácter satírico.