Epigravetense
Epigravetense
Tecnocomplexo do final do Paleolítico Superior da conca mediterránea. Denomínase tamén solutreo-gravetense e caracterízase pola microlitización da ferramenta de dorso de tradición gravetense. Presenta varias fases ou variantes tipolóxicas locais segundo os xacementos, entre os que salientan Badanj e Crvena Stijena en Bosnia, Sandalja II na península de Trieste, Dömös en Hungría e a cova do Parpalló en València. En Galicia correspóndese coas fases finais do Solutrense e do Madalenense Inferior.