Épila

Épila

Municipio da provincia de Zaragoza, Aragón, no val do río Jalón (3.957 h [1996[). A súa economía é agrícola, dedicada principalmente aos cultivos de cereais, oliveiras e froiteiras. As industrias máis destacadas pertencen ao sector alimentario. Conquistada en 1120 por Afonso I o Batallador, o Rei Pedro IV o Cerimonioso derrotou os exércitos dos nobres da Unión Aragonesa nas proximidades da vila (1348). Do seu patrimonio cultural destacan a igrexa parroquial de Santa María la Mayor (s XVIII), o palacio dos Duques de Híjar e as murallas.