Épinal
Épinal
Capital do departamento de Vosges, en Lorena, Francia, situada na marxe dereita do río Moselle (35.794 h [1999]). A industria, principalmente o sector téxtil (algodón), constitúe a base da súa economía. Fundada polo bispo de Reims, formouse arredor do antigo mosteiro de Saint-Benoît (970) e do castelo (980). Do seu patrimonio cultural destacan a basílica de Saint-Maurice (ss X-XIV), coa torre románica, e os obradoiros de imaxinería popular.