Épinay-sur-Seine

Épinay-sur-Seine

Cidade do departamento de Seine-Saint-Denis, Francia, na marxe dereita do río Seine (48.762 h [1990]). Situada ao N de París, constitúe un suburbio residencial da capital. De orixe baixo medieval, converteuse no s XI na residencia dos señores de Montmorency, que dominaron a rexión ata o s XIX. No s XVIII, a súa situación na estrada París-Pontoise converteuna no centro de retiro de intelectuais ilustrados como J. J. Rousseau e D. Diderot. A comezos do s XIX iniciouse o seu desenvolvemento industrial co establecemento dunha lavandería de carácter industrial e dos estudios de cine Eclair. Do seu patrimonio cultural destacan a igrexa de Saint Medart, de orixe medieval e reconstruída no s XIX, a casa do concello do s XVIII e a igrexa das Misións, construída para a exposición colonial de París (1931) con forma de pagode, declarada Monumento Histórico en 1994.